Feed Entries Benvidos á web da Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín. Aquí poderedes atopar información relevante sobre o que ocorre no comercio de Marín e na nosa Asociación, da que actualmente forman parte 162 establecementos. Se queres facernos chegar algún tipo de suxestión, opinión, queixa... non o dubides e ponte en contacto con nós a través das seguintes canles :
986 89 11 12
info@estrelademarin.es
Agardamos que a nova web sexa do voso agrado.
Búscanos tamén en facebook.
MERCA EN MARÍN. INVIRTE NO TEU FUTURO!
Estrela de Marín é o Centro Comercial Aberto do concello de Marín. Un CCA é unha agrupación dun número indeterminado de establecementos comerciais independentes, que se atopan ubicados en rúas urbanas dun espacio concreto cunha tradición comercial na zona, cunha xestión externa común e cuns criterios de unidade e imaxe propios permanentes. Desta forma, constitúese como unha fórmula de organización comercial, cunha imaxe é unha estratexia propias, e que goza dunha concepción global de oferta comercial, servicios, cultura e de lecer. Hoxe en día, a nosa razón de ser, é a de ofrecer fórmulas que potencien, mediante a agrupación e a xeración de sinerxias, os grandes valores e activos do comercio da nosa vila: trato cercano, personalizado é "de toda a vida"; Diversidade e riqueza nos enfoques comerciais dos distintos comercios, fronte a enfoques de venda máis estandarizados; En definitiva resaltar a nosa condición de comercio "aberto", non só porque os distintos comercios se atopan unidos entre sí polas nosas rúas, senón porqué a hospitalidade e a acollida son unha seña de identidade dos nosos establecementos.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Rúa Real nº 10 - baixo 36900 Marín
Telefónos: 986 891 112 690 868 928
E-mail: info@estrelademarin.es
Persoa de contacto: Yonathan Carreira
Horario de oficina: De Luns a Venres
de 08 a 15 horas.